A falta de acerto frea ao Deportivo ante o Málaga (1-1)
Mulattieri marcou para o Dépor e Niño para o Málaga.
O árbitro anuloulle dous goles ao Deportivo.
Os de Hidalgo marcharon ao descanso ovacionados polos afeccionados.
Era un partido clave, crucial e o Deportivo arrancou con Ximo, Villares, Luismi e Nsongo no equipo titular. Un partido de aspirantes ao ascenso. E, como era de agardar, presenciamos unha primeira parte chea de intensidade, coa posesión repartida, pero na que o Deportivo dispuxo de máis e mellores ocasións. Anotamos as de Nsongo, Altimira e Quagliata e un gol anulado a Stoichkov por fóra de xogo. Os galegos disputaron unha boa primeira metade e, camiño dos vestiarios, os afeccionados dedicáronlles unha sonora ovación.
Á volta do descanso, os coruñeses seguiron a insistir. Con máis ocasións (Quagliata) e outro tanto anulado. Doutra volta a Stoichkov. O Deportivo rondaba o gol, pero non daba. O Málaga saiu pouco, pero aínda así lle daba para enviar un balón ao longueiro (Joaquín). O encontro seguía a ser vibrante.
E nestas chegaron os cambios e, con eles, mudou o partido. Porque os recén entrados si trouxeron o acerto que aos outros lles faltaba. E así marcou Mulattieri (minuto 74) para os locais. E apenas cino minutos despois, nun córner, empatou Adrían Niño para os andaluces. (minuto 79).
De aí ata o final, o Málaga reclamou un penalti e o Dépor volcouse na procura dunha vitoria merecida. Os de Hidalgo volervon dispoñer de opcións, pero nada. Non houbo maneira. O afección despediu ao equipo con aplausos, conscientes do gran partido feito e lastrado pola falta de acerto.