Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán estraga unha renda de ata 13 puntos contra o Andorra (97-99) e adía a permanencia virtual

O Breogán estraga unha renda de ata 13 puntos contra o Andorra (97-99) e adía a permanencia virtual

Os de Luis Casimiro marcharon no marcador á volta do descanso, e acadaron ese parcial que parecía pechar o partido

O Andorra, que chegaba no descenso, refíxose e deulle a volta ao resultado no treito final

Foto: EFE
G24.gal 11/04/2026 21:03

A undécima vitoria da Liga e, con ela esa permanencia virtual que ha traer, terá que seguir agardando. O Breogán non puido cun Andorra que chegaba ferido ao Pazo, e acabou levando o triunfo por 97 a 99, que lle da aire e obriga aos lugueses a seguir buscando esa salvación nas vindeiras xornadas.

Concurso de triplas no Pazo do que saiu vencedor o Andorrra ante o Breogán, máis acertado no cuarto final que lle serviu para remontar a diferenza de once puntos coa que entrou nos últimos dez minutos.

Trinta e unha triplas anotaron entre os dous equipos nun primeiro tempo marcado pola igualdade, con escasas diferenzas entrambos que chegaron o descanso cun 48-45 favorable os lucenses.

No terceiro, os de Casimiro chegaron contar cunha máxima de trece puntos 70-57 a 3.48 para o remate deste período. 

Pero no último o Andorrra foi recurtando as diferenzas ata poñerse por diante no marcador a 1.15 para ofinal logo duha canastra anotada por Jabari Rice.

Mavra devolveulle o dominio o Breogán a 20 segundos para o final.

Tabak solicitou tempo morto e preparou a xogada para que Best anotase unha tripla e puxese o 97-99 para rematar como máximo anotador do encontreo con 21 puntos.

Casimiro preparou unha ultima xogada para Alonso, pero o andaluz, que levaba dezaoito puntos, non consegiuu acertar co último lanzamento e acabou por confirmar o triunfo andorrano.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade