O Breogán busca o paso definitivo cara a permanencia diante do Andorra (19:00h)
A undécima vitoria garantiría virtualmente un ano máis na ACB
Aínda que en 2019 o descenso matemático chegou en Andorra, desde entón todos os enfrontamentos co equipo pirenaico trouxeron boas novas para o Río Breogán. Quedámonos don dúas imaxes. A de hai dúas temporadas, no Pazo, que supuxera a permanencia metemática do equipo de Veljko Mrsic logo dunha reacción hereoica nas últimas xortnadas. E para reacción a vivida no Principado, na primeira volta desta temporada. O Breo recuperara 18 puntos de desvantaxe e gañou cunha tripla de Francis Alonso sobre a bucina.
Chaga o Andorra moi agobiado, en posición de descenso. E con só unha vitoria a domicilio en toda a liga. Iso si, hai unha semana, competiulle ben ao Real Madrid.
En cuestión de talento, os dous equipos teñen recursos de sobra. Ben podería ser outro partido a moitos puntos. O Breogán busca obter cinco vitorias e average sobre o descenso. A undécima vitoria garantiría virtualmente un ano máis na ACB.