O Río Breogán foi superado desde o comezo polo Unicaja (101-83)
O equipo de Málaga colleu unha vantaxe de catorce puntos no primeiro cuarto, distancia que manexou ao longo de todo o partido
O Río Breogán perdeu na pista do Unicaja (101-83) nun partido que quedou decantado no primeiro cuarto que rematou con vantaxe de catorce puntos a prol dos locais (29-15). Tivo moito acerto o Unicaja nese primeiro parcial no que acreditou grandes porcentaxes de tiro e superioridade no rebote (7 ofensivos).
O Breogán chegou a poñerse a dez mediado o segundo cuarto (42-32) pero foi o que conseguiu achegarse ao seu rival que no descanso gañaba por 51-36. Rachouse definitivamente o partido no terceiro período cando o Unicaja colleitou unha máxima vantaxe de 25 puntos (69-44) que conseguiu maquillar un pouco o cadro breoganista.
Francis Alonso (18 puntos) e Brankovic (15) foron os máximos anotadores do Río Breogán no que tamén destacou a dirección en ataque de Mavra.