Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas empata en Cidade Real (28-28) e acariña a permanencia en ASOBAL

O Cangas empata en Cidade Real (28-28) e acariña a permanencia en ASOBAL

Os galegos eluden o descenso, e dependen de si mesmos para a última xornada para non disputar o play out

Precisan a vitoria ou un empate contra o Puente Genil, resultado que abrigaría a que non gañe o Nava

Foto: José Ramón García / ASOBAL Foto: José Ramón García / ASOBAL
G24.gal 23/05/2026 11:12

O Balonmán Cangas xa ten ao alcance da man a permanencia na Liga ASOBAL. Logo da penúltima xornada, na que acadou un empate a 28 na pista do Cidade Real, eludiu xa o descenso de xeito matemático. Aínda así, terá que agardar a última xornad para certificar que xogará un ano máis na máxima categoría.

En Quijote Arena viviuse un igualado partido, dentro dunha xornada unificada na que tamén xogaban os rivais directos dos cangueses. A estes costoulles entrar no partido, e foron por detrás durante toda a primeira metade. Pero axiña emerxeu a figura de Nicolo D'Antino, fundamental para o seu equipo. Desde o extremo dereito destrozou á defensa do Cidade Real, anotando 12 goles sen erro, catro deles desde os 7 metros. Foi fundamental para reducir a desvantaxe canguesa, que chegou aos seis goles durante a primeira metade, e era de catro no treito decisivo da segunda. 

Pero do 26-22 pasouse ao empate a 26 que culminaba, como non Nicolo D'Antino. Outro gol seu de 7 metros pechaba o empate final para un Cangas que aínda tivo a última.

Na derradeira xornada os cangueses, que suman 20 puntos, enfróntanse cun dos dous equipos que o seguen, con 19. DIante do Puente Genil asegurarán a permanencia se gañan no Gatañal. No caso de empate precisan que o Nava, que ocupa arestora o posto de play out, non gañe en Valladolid. Se perden, tamén lles valería a derrota do Nava.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade