Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas vence ao Puente Genil (32-30) e asegura a permanencia na Asobal

O Cangas vence ao Puente Genil (32-30) e asegura a permanencia na Asobal

Os galegos impuxéronse nun enfrontamento tenso, co Puente Genil salvando tamén o play out pola derrota do Nava

G24.gal 31/05/2026 21:51

O Balonmán Cangas vai seguir un ano máis na Liga Asobal. Nunha temporada complicada, na que pasaron por moi malos momentos, os de Quique Domínguez foron quen de acadar a salvación no último partido, un enfrontamento directo no Gatañal para eludir o posto de play out. Para elo precisaban puntuar, e fixérono cunha vitoria que desatou a tolemia no pavillón.

Foi un partido igualado, nun ambiente espectacular, con ilustres nas bancadas como Iago Aspas. Tampouco faltou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. E o Cangas respondeu no momento decisivo. Cun gran Panjan baixo os paus, os cangueses foron quen de vencer por 32-30. Resultado que lles asegura a permanencia un ano máis na máxima categoría do balonmán. O Puente Genil intentou darlle a volta ao resultado, pero ao final acabou festexando tamén a salvación, porque op terceiro en discordia, o Nava, non foi quen de gañar en Valladolid. Será este o equipo que pelexe pola salvación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade