Cargando resultados...
O Barcelona golea para conquistar a súa cuarta Champions (4-0)
O Olympique de Lyon do galego Jonathan Giráldez tivo ocasións no primeiro tempo pero acabou caendo con estrépito no segundo
Pajor e Paralluelo marcaron os catro goles da final
G24.gal
23/05/2026 20:02
O Barcelona conquistou a súa cuarta Liga de Campións feminina logo de gañarlle ao Olympique de Lyon do galego Jonathan Giráldez no Ullevaal Stadion de Oslo grazas aos dobretes de Ewa Pajor e Salma Paralluelo no segundo tempo. A xogadora polaca, que marcou nos minutos 55 e 69, foi a que marcou a diferenza no partido. Sentenciou Paralluelo con dous tantos nos últimos minutos de partido (90 e 93). Tamén tivo unha actuación destacada a porteira Cata Coll que na primeira metade salvou varios achegamentos de moito perigo do cadro francés.