Publicador de contidos

Publicador de contidos

Melloría insuficiente do Celta no Camp Nou (1-0)

Melloría insuficiente do Celta no Camp Nou (1-0)

Un gol de penalti de Lamine Yamal deulle a vitoria a un Barcelona que se achega ao título ligueiro

Os vigueses fixeron un bo partido e estiveron preto do empate en varias ocasións

Preocupación no equipo culé pola lesión de Yamal despois de marcar o penalti

@rccelta @rccelta
G24.gal 22/04/2026 22:54

Un penalti convertido por Lamine Yamal, que resultou mancado tras o lanzamento, condenou ao Celta en Barcelona despois de realizar un bo partido onde deixou unha mellor imaxe que nos últimos choques e no que rondou o tanto do empate en varias ocasións. 

O inicio de partido foi frenético. Lamine avisaba na primeira xogada pero o Celta replicaba rapidamente. Pablo Durán obrigou a Joan García a realizar unha das súas habituais paradas salvadoras e tras o saque de esquina de novo Durán topábase co acerto do meta catalán. O equipo culé tiña a posesión pero os vigueses tamén chegaban con perigo á área contraria. A mellor ocasión tívoa Ferrán Jutgla tras un excelente pase entre liñas de Hugo Álvarez pero o seu remate saíu por encima do longueiro. E cando mellor estaba o cadro vigués chegaría o gol culé tras un penalti convertido por Lamine cometido por Yoel Lago sobre él mesmo. No lanzamento do penalti mancaríase o propio Yamal e ademáis o xogo deteríase durante vinte minutos por ter que ser asistido un afeccionado na bancada.

Flick realizou un troco no descanso. A entrada de Fermín no lugar de Gavi. E os cataláns semellaban ter máis control do partido. Ferrán anotaba un golazo de volea desde a frontal pero o colexiado anulábao por un fóra de xogo milimétrico. Claudio Giráldez movía ficha e Swedberg e Mingueza sustituían a Yoel Lago e Hugo Álvarez. E o equipo refíxose. Pablo Durán, ao límite do fóra de xogo, errou un man aman con Joan garcía. Eran minutos no que o posible empate rondaba na área barcelonesa. Borja Iglesias, Iago Aspas e Sotelo entraban no treito final para buscar a igualada. A conexión Aspas - Rueda creou un par de chegadas por banda dereita que non atoparon rematador. Eran as últimas tentativas dun Celta que mellorou a súa imaxe pero que sumou a súa cuarta derrota consecutiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade