Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona despacha ao Real Madrid no Clásico (2-0) e proclámase campión de Liga

O Barcelona despacha ao Real Madrid no Clásico (2-0) e proclámase campión de Liga

Os goles madrugadores de Rashford e Ferrán despexaron o camiño do 29º título

G24.gal 10/05/2026 22:55

O Barcelona xa é campión de Liga a falta de tres xornadas para a conclusión do campionato. E asegurou matematicamente o título nun escenario idóneo, no Clásico contra o Real Madrid, que ten 36 títulos, sete máis co equipo catalán.

Era un desenlace agardado, xa que aos de Flick abondáballes un empate para asegurar o campionato. E saíron decididos a aseguralo canto antes. Aos 8 minutos abría a conta Rashford, cun golpeo de falta espectacular que serprendeu a Courtois polo seu pau. E, aos 18, Ferrán culminaba unha gran xogada con asistencia de Dani Olmo para establecer un 2-0 que deixaba a Liga case decidida.

Aínda puido ampliar a diferenza a Barcelona no treito final da primeira parte, pero nin Rashford, nun man a man, nin Olmo foron quen de rematar entre os tres paus.

Na segunda metade tívose que empregar a fondo Courtois aos dez minutos, porque Ferrán volveu ter un man a man e, desta volta, rematou a gol. O porteiro sacouna a córner.

O Real Madrid precisaba un gol para meteerse no encontro, e Bellingham rematou á rede, pero estaba en fóra de xogo. Despois foi Joan García o que deu a réplica, cando lle sacou un man a man a Vinicius para manter o 0.

Camiñaba o partido cara o treito final e entrou Raphinha, que tivo unha boa ocasión para facer o terceiro. E aínda foi mellor a de Lewandowski, pero o polaco rematou raso e sacoulla Courtois.

Xa non houbo máis historia. O partido rematou no 90 e deu paso á festa pola consecución do 29º título ligueiro da historia do Barcelona.

Foto: EFE
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade