Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán compite pero cede fronte ao poderoso Valencia (105-88)

O Río Breogán compite pero cede fronte ao poderoso Valencia (105-88)

G24.gal 05/04/2026 21:06

Derrota do CB Breogán na cancha dun Valencia Basket que se consolida na segunda praza da liga ACB, 
Malia a superioridade local no Roig Arena, e a ir sempre por detrás no marcador, o equipo galego nunca baixou os brazos.
Intentouno, compeitu e mesmo mellorou as cifras reboteadoras do Valencia.

Cun traballo serio, os de Luis Casimiro chegaron poñerse a 6 puntos en varios ocasións tralo descanso, especialmente eficaces no terceiro cuarto, sen conseguir achegarse á remontada. Foron incómodos para un Valencia que non daba roto o partido, pero que reaccionou a cada intento de achegarse.

A cinco para o final, só sete puntos os distanciaban, pero foron insalvables para o equipo lucense. 
O marcador final reflectiu a que foi a maior desvantaxe do partido 105 a 88. 17 puntos abaixo.

O escolta dominicano Jean Montero foi o xogador máis valorado. Rematou con 19 puntos e 6 asistencias para o Valencia.

No Breogán, destacaron os croatas: Danko Brankovic sumou 13 puntos e gañou 4 rebotes. E completa actuación tamén de Dominik Mavra con 11 puntos, 6 asistencias e 5 rebotes. 

Racharon a serie de dúas vitorias e mantense na undécima praza.

O Valencia camiña firme na Liga e en Europa. onde o equipo laranxa vai cuarto a falta de 3 xornadas.


1º CUARTO: 31-25 (-6)

DESCANSO: 51-41 (-10)

3º CUARTO: 84-73 (-11)

FINAL: 105-88 (-17)

Parciais: 31-25, 20-16, 33-32, 21-15

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade