Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escotet: "Teño a corazonada de que o Rácing vai picar e imos ser campións"

Escotet: "Teño a corazonada de que o Rácing vai picar e imos ser campións"

O presidente tamén sinalou que os futbolistas do actual equipo xa forman parte “da historia” da cidade

G24.gal 25/05/2026 16:52 Última actualización 25/05/2026 17:07

O presidente do Deportivo, Juan Carlos Escotet, pediu este luns ambición ao seu persoal para pelexar co Rácing de Santander polo título de campión da Liga Hypermotion. Ambos os equipos, que xa se aseguraron o ascenso a Primeira División, están separados por tan só un punto, o que o conxunto cántabro ten de renda sobre o Dépor.

Na última xornada, o equipo galego recibirá en Riazor o As Palmas e o Rácing, o Cádiz no Sardinero.

“Hai que ir a por os 80 puntos porque eu teño a corazonada de que o Rácing vai picar e imos ser campións de Liga”, afirmou o máximo accionista do club. 

O empresario e presidente da firma bancaria tamén sinalou que os futbolistas do actual equipo xa forman parte “da historia” da cidade porque os coruñeses “nunca” esquecerán que foron os que, oito anos despois, devolveron ao Dépor a Primeira División, tras unha longa travesía pola segunda e, sobre todo, terceira categoría do fútbol español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar