Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta pecha a tempada coa recepción oficial no Concello

O Celta pecha a tempada coa recepción oficial no Concello

Marián Mouriño: "As cousas están indo ben porque todo o mundo está remando na mesma dirección"

O alcalde felicitou o equipo pola clasificación para a UEFA Europa League e destacou o traballo realizado ao longo do curso

Foto Celta Foto Celta
G24.gal 25/05/2026 18:36 Última actualización 25/05/2026 18:41

O RC Celta de Vigo puxo esta tarde o broche institucional á tempada cunha recepción oficial no Concello de Vigo. O alcalde, Abel Caballero, recibiu a presidenta, Marián Mouriño, xunto a xogadores, conselleiros, directivos e representantes do club.

Durante a recepción, o alcalde felicitou o equipo pola clasificación para a UEFA Europa League e destacou o traballo realizado ao longo do curso. Ademais, tamén fixo referencia ao avance da futura bancada de Gol, cada vez máis preto de converterse nunha realidade. Tamén asegurou que a estatua de Iago Aspas está case rematada

Pola súa banda, a presidenta do Celta tamén quixo falar do estadio, mencionando esa recente concesión e agradeceu o apoio institucional, poñendo en valor a boa sintonía entre o club e o Concello ao destacar que “as cousas están indo ben porque todo o mundo está remando na mesma dirección”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade