O Breogán volve asaltar a permanencia virtual contra o Burgos (17:00 h)
Unha semana despois, os de Luis Casimiro teñen opción de resarcirse da derrota contra o Andorra
A derrota fronte Andorra fixo moito dano. Recoñeceo Luis Casimiro, polo feito en si e polo xeito de producirse. O calendario da ACB dálle ao Breogán, sete días despois, a oportunidade de reivindicarse. É outro duelo que pode asegurar virtualmente a permenencia. Pero en cancha contraria, fronte a un Burgos fundido hai dous meses e que no súltimos oito partidos presenta un balance de 4 vitorias e 4 derrotas.
No primeiro ano desta etapa breoganista en ACB, aló por 2021, Erik Quintela prtagonizaa no coliseo burgalés un dos seue mellores partidos. Daquela, clara vitoria lucense. Coa baixa de Russell, e agardando a Jordan Walker, el e Dominik Mavra terán os galóns de directores de xogo. E seguindo con referencias ao pasado, o ex breoganista Etan Happ serra un dos protagonistas. A súa chegada foi chave para o rexurdir burgalés.