O Breogán busca substituto para Rusell, e Casimiro confía en Mavra e Quintela para Burgos
Casimiro: "Rusell está amolado. Como ética de traballo, tiven poucos xogadores coma el"
O Breogán viaxa a Burgos coa intención de pechar a permanencia ante un rival que se xoga a vida. Luis Casimiro ten na lesión de Rusell un contratempo importante.
O base americano estará entre dúas e tres semanas de baixa. O club busca substituto no mercado.
"Rusell está amolado. Como ética de traballo, tiven poucos coma el".
En Burgos poderemos ver a Erik Quintela exercendo como director de xogo. O base lugués case non participou en toda a tempada.
Agora substituirá a un Rusell que saíu no quinteto titular nos 26 encontros do presente curso da liga Endesa. O base de Arizona promedia 9,4 puntos, 1,3 rebotes, 5 asistencias -é o quinto da ACB neste apartado, ex aequo ao seu compañeiro de equipo, o croata Dominik Mavra-.