O Liceo estará na F8 de Coimbra tras empatar 2-2 ante o Oliveirense, e soña coa sétima Champions
A final será na cidade portuguesa de Coimbra entre o 6 e o 10 de maio
Precisaba gañar, empatar ou perde por un gol en Oliveira para meterse na F8. Foi un encontro parello que se desequilibrou no último minuto da primeira parte cun tanto de Bruno di Benedetto aproveitando que os de Copa xogaban con tres homes. Con 1-0 chegamos ao descanso.
Saíu máis ofensivo o Liceo que logrou empatar mediada a segunda parte cun gol de penalti de Xaus.
Era un gol que debía darlle tranquilidade aos galegos. Pero o Oliveirense volveu adiantarse aos 19 minutos para colocar a incerteza co 2-1. No último minuto os portugueses deixaron a porta baleira e o Liceo aproveitou para empatar 2-2.
Así finalizou o en contro en Oliveira de Azeméis. O Liceo selou a súa presenza na cita final que se celebrará na cidade portuguesa de Coimbra entre o 6 e o 10 de maio.