Cargando resultados...
Claudio Giráldez: "Foron mellores e hai que recuperar a cabeza porque foi un pau"
O técnico do Celta botou en falta ter algo máis de efectividade cara a porta rival
G24.gal
16/04/2026 20:40
Última actualización 16/04/2026 21:49
O Celta tiña unha misión case imposible, remontar o 3-0 da ida en Friburgo. Non puido ser, o equipo xermano volveu ser moi superior e levouse a eliminatoria cun claro 6-1 no cómputo xeral, hoxe gañou 1-3. Claudio Giráldez non quixo buscar excusas.
"Foron xustos vencedores, faltounos finalizar. Hai que recuperar a cabeza porque foi un pau"
O capitán, Iago Aspas, tamén falou tras a eliminación.
"Tiveron moita efectividade. Na primeira que chegaron marcaron. Pero marcho moi orgulloso dos meus compañeiros"
"Quedan sete xornadas e hai que seguir mellorando e clasificarse para Europa"
Agora o Celta céntrase na liga e na próxima cita ante o Barcelona no Camp Nou.