Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo empata co Barcelos e dependerá de si mesmo para entrar na Final a 8 (4-4)

O Liceo empata co Barcelos e dependerá de si mesmo para entrar na Final a 8 (4-4)

Os de Juan Copa desaproveitaron unha renda de dous goles e xogaranse o pase a fase final na pista do Oliveirense

Polémica final polos goles anulados ao local Dava Torres e ao visitante Ferruccio

@HockeyClubLiceo @HockeyClubLiceo
G24.gal 26/03/2026 21:24

O Liceo tivo na súa man certificar o pase á Final a 8 da Champions League pero acabou cedendo un empate ante o Campión de Europa, o Barcelos. Os coruñeses pagaron o esforzo físico tras gañar a Copa do Rei o pasado fin de semana e desaproveitaron unha renda de dous goles nos últimos minutos do partido. Pese ao empate,  o Liceo dependerá de si mesmo na última xornada e se puntúa na pista do Oliveirense estará entre os oito mellores sen necesidade de esperar ao resultado do barcelos - Sporting.

Os de Juan Copa contaban coas importantes baixas de Bruno Saavedra por sanción e Toni Pérez por lesión. Pero os liceístas entraron no choque aínda envoltos na positividade da Copa gañada hai cinco días e grazas a dúas accións de Dava Torres e Tombita puxéronse cun 2-0 a favor mediada a primeira metade. Reaccionaría o campión de Europa e tras un remate ao pau de Carlos Ramos, Vierinha aproveitaría unha bola solta para reducir diferenzas. Os últimos minutos d aprimeira metade foron un exercicio de supervivencia dos liceístas que grazas as paradas de Blai Roca conseguiron chegar co 2-1 ao descanso.

A segunda metade foi moito máis aberta. Dava Torres tras un gran roubo colocaba o 3-1. Respostaba Kylian para os portugueses pero de novo marcaría rapidamente o Liceo grazas a un libre directo convertido por Arnau Xaus. Pero os coruñeses non foron quen de manter a renda e os lusos empatarían cos goles de Carlos Ramos e Kylian. Ao final habería tempo para a polémica tras anulación por parte dos colexiados de sendos goles a cada equipo: a Tato Ferruccio do Barcelos e a Dava Torres no equipo galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade