Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid perde a final da Euroliga diante do Olympiacos (92-85)

O Real Madrid perde a final da Euroliga diante do Olympiacos (92-85)

Os gregos repetiron o éxito de 2013, tamén diante dos brancos, para facerse co seu uarto título continental

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 24/05/2026 23:01

O Real Madrid caeu na final da Euroliga disputada en Atenas diante do Olympiacos. O equipo branco, que quedou sen pívots para este encontro decisivo polas lesións de Walter Tavares, Alex Len e Usman Garuba, competiu ata o final, e mantivo as opcións de vitoria en todo momento. 

Os brancos comezaron moi ben, cun 3-15 diante dun ateigado pavillón que animaba aos locais. O cadro madrileño apostou pola defensa e o tiro exterior, que o mantivo por diante ata o segundo cuarto. O Olympiacos reaccionou, e conseguiu darlle a volta ao marcador xusto antes do descanso (46-44).

Tralo paso polos vestiarios, o ritmo baixou e, logo dunha lea entre Campazzo e Shaquiele, o Real Madrid acadou un parcial de 0-7 que o puxo por diante antes do último cuarto (61-65).

No último cuarto os gregos estiveron máis atinados, co Real Madrid en bonus, e acadaron a vantaxe que lles permitiu alzar o seu cuarto trofeo, vingar a derrota de hai tres anos coa tripla de Llull, e reeditar a vitoria sobre o Real Madrid de 2013.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade