Un Dépor Abanca con oportunidades perde co Real Madrid en Riazor (0-2)
Os goles de Caicedo e Andersson chegaron na primeira metade
Mellores sensacións para o Dépor na segunda metade, pero sen gol
Chegaba o Deportivo Abanca a este partido coa ilusión de gañar o primeiro partido nesta temporada. Diante o Real Madrid, que viña de empatar co Eibar. A ilusión por gañar foise apagando na primeira metade, coas continuas chegadas do Real Madrid á portería de Tarazona.
A primeira oportunidade para as visitantes chegou desde o punto de penalti. Lanzou Linda Caicedo e parou Tarazona. Pero Caicedo sería a primeira en marcar uns minutos despois. O segundo gol chegaría por medio de Bella Andersson.
Oportunidades máis igualadas na segunda metade, na que o Dépor chegou con máis claridade á portería de Frohms, pero sen sorte de cara ao gol. Os números de disparos eran 16 para o Dépor e 17 para un Real Madrid que soubo aproveitar mellor as súas oportunidades.