Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid será o rival do Deportivo no Teresa Herrrera

O Real Madrid será o rival do Deportivo no Teresa Herrrera

Será o vindeiro 12 de agosto ás 21:00

O Deportivo Abanca desputará a 14ª edición feminina o día 13 fronte ao FC Porto

G24.gal 09/07/2026 10:38 Última actualización 09/07/2026 16:07

O Dépor confirma os partidos para o Trofeo Teresa Herrera 2026. O equipo masculino xogará co Real Madrid nun partido que servirá como último da pretempada para os coruñeses. O duelo cos blancos será o mércores 12 de agosto ás 21:00. Será a edición número 81 do mítico trofeo de pretempada polo que xa pasaron clubes coma o Santos de Pelé, o Ajax de Cruyff ou o Boca Juniors do triplete de Copas Libertadores.

O Real Madrid volverá xogar no decano dos trofeos anuais amistosos. A última edición na que participaron os blancos foi na do ano 2013, e venceron aos coruñeses por 0-4. Os goleadores serían Casemiro, Kaká e Morata cun doblete. Naquela tempada, o Dépor ascendería a primeira división e o Real Madrid faría doblete coa Copa do Rei e a décima Champions League.

Pola outra banda, o Deportivo Abanca xogará co FC Porto na que será a 14ª edición feminina do trofeo. Será o día 13 ás 17:00 da tarde. As 'dragões' veñen de acadar o ascenso á Liga BPI, máxima categoría do fútbol feminino portugués. Será a primeira vez que xoguen na máxima categoría do fútbol feminino portugués, xa que a sección foi fundada para a tempada 2024/25. Ademais, son as subcampionas da 'Taça de Portugal'.

Dous grandes partidos agardan para esta edición. No masculino, os dous equipos máis gañadores da historia do Teresa Herrera. No feminino, dous proxectos que buscan asentarse nas súas ligas e medrar o máximo posible. O espectáculo está garantido en Riazor.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade