O Liceo culmina unha intensa semana cunha derrota en Voltregá (4-2)
Os de Juan Copa seguen liderando a OK Liga con dous puntos de vantaxe sobre o Barça
O Liceo sufríu a súa segunda derrota na OK Liga. Perdeu por catro a dous na pista do Voltregá.
O partido chegou aos últimos cinco minutos con empate a dous e todo por decidir. Foi chave o acontecido a partir do terceiro gol dos locais, marcado polo ex liceísta Álex Rodríguez. Coa mínima vantaxe dos cataláns chegou a acción decisiva e con moita polémica. Bruno Saavedra facía un bonito gol que en principio foi concedido pola parella arbitral. Pero logo dunha consulta entre eles decidiron anular o tanto.
O catro a dous posterior marcado por Arnau Canal sentenciou un choque no que o equipo coruñés notou o desgaste físico dunha semana moi intensa. O Liceo segue de líder con dous puntos de vantaxe sobre o Barça a falta de tres xornadas.