Rubén Fernández remata de 6º o Gran Premio de Suíza, cun terceiro e un décimo nas dúas quendas
O vigués saída desde a décima praza, e gañou sete posicións, incluíndo o adiantamento ao campión do mundo, Febvre
A segunda quenda disputase ás 17:00 h, tamén en directo na G2 e AGalega.gal
Comezou o Gran Premio de Suíza de MXGP con moi boas noticias para Rubén Fernández, que rematou de terceiro a primeira quenda. Foi unha carreira dominada por Tom Vialle, que se impuxo na liña de meta. No segundo posto rematou Renaux. E, ao terceiro chanzo, subía Rubén Fernández. O vigués saía desde o décimo posto da grella logo da carreira de cualificación do sábado e, cunha gran saída, colocouse de sétimo.
Despois, foise beneficiando dos abandonos de Koenen e de Herlings, o que lle permitiu situarse de cuarto. Xa no treito final, asaltou o terceiro posto de Romain Febre. O campión do mundo entrou por detrás do galego na meta.
Na segunda quenda, Rubén Fernández non puido repetir a súa boa actuación. Saíu ben, colocouse de quinto pero, aos poucos, foi perdendo posicións ata o décimo posto final nunha quenda que gañou Koenen por diante de Gajser e Herlings.
Os resultados finais do GP de SUíza deixan a vitoria Vialle, por diante de Renaux e Gajser, con Koenen penalizado pola descualificación na primeira quenda por recibir axuda dos seus mecánicos. Rubén Fernández remata de 6º esta proba cunha colleita de 31 puntos.