Cargando resultados...
As caídas castigan a Rubén Fernández nos Países Baixos
Rubén abandonou na primeira manga e foi sétimo na segunda
Herlings gañou as dúas carreiras, unha delas con susto
Na vindeira proba, Herlings pode proclamarse campión do mundo
G24.gal
23/08/2026 20:40
Última actualización 23/08/2026 20:51
Día desafortunado para Rubén Fernández nos Países Baixos, con dúas caídas, un abandono na primeira manga e un sétimo posto na segunda.
Gañou na súa casa o líder Jeffrey Herlings, malia que se lle calou a moto nos últimos metros da manga inicial. Menudo momneto de tensión. Aínda así, conseguiu arrancala e o pleno nunha vibrante loita co seu compatriota Kay De Wolf.
En dúas semanas, en Turquía, podería ser o campión do mundo de xeito matemático. Este campionato estamos a vivilo en directo na nosa segunda canle e en AGalega.gal.