Boa actuación de Rubén Fernández en Portugal, co 5º posto nas dúas quendas e no GP
A fin de semana foi un man a man entre Herlings e Coenen, con triunfo para o primeiro, e o segundo mantendo o liderado
Cun fermoso casco, homenaxe a a un amigo falecido, a Paulo Gonçalves, o piloto que nos deixou no Dakar de 2020, e lucindo a bandeira portuguesa. Así competou Rubén Fernandez en Águeda, no Grande Premio do país veciño. O vigués deulles aos afeccionados o que querían, espectáculo, sobre todo na primeira manga, na que protagonizou excelentes momento de loita, como o vivido co actual campión do mundo Romain Febvre.
Fernández foi o quinto, un posto que repetiría na segunda manga, na que estivo un pouco máis lonxe dos mellores. E os mellores volveron ser, unha vez máis, Jeffrey Herlings e Lucas Coenen.
Paga a pena ver a secuncia completa que decidiu o Grande Premio. A loita tivo un vencedor. Herlings bloqueou a Coenen e obtivo o triunfo na segunda manga e no GP número 117 na súa carreira deportiva.
Aínda así, a vantaxe de Coenen á fronte da clasificación segue a ser sólida, 57 puntos. Rubén Fernández mellora un posto. É sétimo, a só nove puntos xa do sexto.