Cargando resultados...
Herlings gaña en Gran Bretaña e axexa o liderado de Coenen nun bo GP de Rubén Fernández
O vigués gañou a clasificatoria e fixo dous cuartos nas dúas quendas
Herlings recorta 57 puntos a un Coenen que non rematou ningunha
G24.gal
19/07/2026 19:16
Jeffrey Herlings foi o xusto gañador no Gran Premio de Gran Bretaña de MXGP. O neerlandés venceu nas dúas mangas e reduciu 57 puntos con respecto ao líder, Lucas Coenen. O piloto belga pagou a caída do sábado e non rematou ningunha das dúas carreiras.
Hai que destacar a boa actuación de Rubén Fernández. O vigués gañou a clasificatoria do sábado e logrou dous meritorios cuartos postos. O galego supera na clasificación xeral a Andrea Ademo e marcha de Inglaterra na sexta posición.