Cargando resultados...
O Porriño certifica a súa presenza nos play off cun triunfo en Lanzarote (19-22)
As galegas encadean tres triunfos consecutivos no momento decisivo da temporada
Foto: @BmPorrino
G24.gal
29/03/2026 19:28
Vitoria do Conservas Orbe Zendal Porriño na Liga Guerreiras. Venceu 19-22 na pista do Lanzarote. Nun partido tenso e igualado, o descanso chegouse cun 11-11 no marcador.
No segundo tempo, o Porriño comezou a marcar diferenzas apoiado na capacidade ofensiva de Bruna Ribeiro. Carolina Bono foi tamén unha figura clave no equipo galego con sete tantos.
O Porriño enlaza a terceira vitoria seguida e ocupa o sexto posto da táboa, xa coa vista posta nunhas eliminatorias polo título para as que xa está matematicamente clasificado.
