Tres galegas entran na lista da selección feminina de balonmán
Alicia Fernández, Elba Álvarez e Aitana Santomé xogarán os dous últimos partidos do clasificatorio para o Europeo de 2026
O balonmán galego segue a facerse forte nas concentracións da selección española. Haberá tres representantes na lista de convocados para xogar os dous últimos partidos clasificatorios de cara ao Europeo de 2026.
Unha das capitás e fixa desde hai anos é a valdoviñesa Alicia Fernández Fraga, xogadora do Zaglebie Lubin de Polonia. Tamén está a viguesa Elba Fernández, do Bera Bera, que estivo presente no último Mundial e que representa a nova fornada de xogadoras.
A gran novidade é a chamada da moañesa Aitana Santomé. En xaneiro deixou o Porriño para inicial a aventura na poderosa liga de Romanía. Esa experiencia no Targu Jiu ven acompañada da citación por parte do seleccionador Joaquín Rocamora que está seguindo moi de preto as súas evolucións. Os partidos serán o 8 e 12 de abril contra Grecia e Israel.