Un gol de Jazmín Mendoza sobre a bucina mete ao Guardés nas semifinais da European Cup (20-20)
O partido foi igualado, con alternativas no marcador e lixeiras vantaxes locais
As galegas estiveron máis atinadas nos minutos finais, culminando a remonta cos goles de Lorena Téllez e Jazmín Mendoza
O Guardés estará na penúltima eliminatoria da competición continental
O Mecalia Atlético Guardés estará nas semifinais da European Cup. As galegas defenderon a vitoria mínima da Sangriña cun empate que lles deu a clasificación na última xogada, cun tanto de Jazmín Lucero Peralta sobre a bucina.
O partido comezou coas guardesas máis metidas, defendendo ben e aproveitando mellor os seus ataques. E así se colocaron cunha primeira vantaxe de 1-3. O Elxe non desesperou, e foi mellorando as súas prestacións, nun encontro condicionado pola rigorosa arbitraxe da parella polaca, con ata cinco exclusións na primeira metade e moitos11 penaltis sinalados. Desde os sete metros estiveron melloral locais, que igualaban o marcador e 6 e, no teito final, culminaban a remonta momentánea á eliminatoria co 10-8, logo da mínima vitoria guardesa na ida da Sangriña.
Na segunda metade apareceu Figueiredo, con dous goles consecutivos, para elevar a renda local ata os tres goles. Pero as xogadoras galegas non se descentraron, e seguiron co seu plan de partido, que as levou a igualar o partido a 17, resultado que lles volvía dar a vantaxe.
Entrou o choque no momento das contas, co resultado tan igualado que cada gol desnivelaba a balanza. Un gol de Lorena Téllez desde os 7 metros daba vantaxe ás galegas (19-19). Pero un golazo local, e unha dobre parada de Nicole Morales devolvían a vantaxe ás locais, que estragaban o seguinte ataque.
Todo quedou para o último ataque. E Jazmín Mendoza non perdoou, metendo un gol que queda xa na historia do conxunto galego, e que vale un pase á penúltima rolda continental