O Porriño non pode co Bera Bera na ida das semifinais da Liga (28-32)
O equipo vasco, flamante gañador da Copa, tivo vantaxes de ata 6 goles durante a primeira parte
Zsembery mantivo con vida ao Porriño con 14 goles, 11 desde os sete metros
A semifinal decídese na volta en San Sebastián a fin de semana vindeira
Foto: @BalonmaBeraBera
O Porriño caeu derrotado diante do Bera Bera na ida das semifinais polo título de Liga. As vascas, rival teóricamente superior, axiña fuxiron no marcador, cun parcial de 0-5 que deixaba o taboleiro en 1-6.
Tocaba remar, e as de Isma Martínez son auténticas especialistas. Comandadas por unha infalible Zsembery non se foron do encontro en ningún momento e, malia a que a desvantaxe chegou a ser de 6 goles, entre o remate da primeira metade e o inicio da segunda, deixaron a desvantaxe en so dous goles (15-17, min 34).
Comezaba un novo partido, que foi igualado ata o 23-25 a doce da conclusión.
E foi aí cando o Bera Bera volveu meter unha marcha máis, cun 0-2 que obrigaba ao tempo morto, e restablecía unha cómoda renda visitante.
Nos últimos minutos o Porriño conseguiu reducir a devantaxe ata o 28-32 final, cunha Zsemberry que anotou ata 11 lanzamentos de 7 metros para acabar con 14 goles. A eliminatoria queda con vantaxe para o Bera Bera. Resolverase a semana que ven en Donostia.