Cargando resultados...
O Guardés xoga en Elxe o pase ás semifinais da European Cup (19h, AGalega.gal)
G24.gal
28/03/2026 14:22
Esta tarde, ás sete, partido decisivo do Mecalia Atlético Guardés para meterse na semifinial da European Cup. Poden seguilo en agalega.gal.
O equipo guardés xoga na pista do Elxe a volta dos cuartos de final da competición europea tras gañar na ida na Sangriña cun gol de vantaxe, 21-20. É unha renda mínima e unha pista difícil. O Elxe só perdeu na casa un encontro no que vai de ano. Por iso o partido se entende como unha final.
E será un choque estratéxico porque os dous equipos se coñecen moi ben. Así o indicaba na previa a capitá das guardesas, María Sancha.