Cargando resultados...
Guillermo Fernández Romo deixa de ser adestrador do Rácing de Ferrol
O que era o seu axudante, Elías Martí, tampouco seguirá no corpo técnico do cadro verde
G24.gal
26/05/2026 14:35
Última actualización 26/05/2026 14:39
O Rácing confirmou este martes que o seu adestrador, Guillermo Fernández Romo, "non continuará formando parte do staff técnico da entidade" unha vez "finalizada a súa relación contractual co club verde", que concluíu a súa participación ligueira o pasado sábado.
Nun comunicado, o equipo naval afirmou que tampouco seguirá no corpo técnico Elías Martí, que exerceu como asistente do preparador madrileño desde a súa incorporación ao equipo o pasado mes de xaneiro polo cesamento previo de Pablo López.
A sociedade deportiva agradeceu o seu "compromiso e profesionalidade, así como desexarlles sorte nos proxectos privados e profesionais que emprendan no futuro".