Primeira derrota na Malata para un Rácing que encadea tres xornadas sen gañar
Derrota 1-2 ante o Logroñés, que desempatou no engadido
Eto'o transformou un penalti para o gol local
O Rácing Club de Ferrol perde na casa ante o Logroñes 1-2. Primeira derrota na casa para os de Javi Vázquez, que encadean tres xornadas sen gañar. Os ferroláns acusaron especialmente a falta de gol. Logo dunha primeira metade na que o Logroñés foi superior, ainda que sen goles, a charla de Vázquez nos vestiarios foi enfocada a mudar a mala dinámica do seu equipo. En canto a nivel de xogo, parece que funcionou.
Mellor segunda metade dos ferroláns, que se activaron tras o descanso e ameazaron ao Logroñés, aínda que foi o equipo rioxano o que se adiantou. Penalti de Pujol a Miguelete, que puxo o primeiro gol. Os locais medraron con este resultado e comezaron a acosar a área rival, pero sen unha finalización clara. Non atopan os ferroláns o gol, por moito que o intenten; e esta tarde, intentárono. O empate veu de novo de penalti. Cae Eto'o na área e el mesmo pon o 1-1.
Xa no engadido, e cando se firmaban táboas, Val puxo o 1-2 definitivo. Antes, tivo Migue Leal a remontada, pero marchou por centímetros. Primeira derrota do Rácing na casa e deberes para a próxima xornada.