Aspas descarta totalmente outra renovación “aínda que xogásemos a Champions”
O capitán celeste asume a súa última etapa como xogador e confirma que non alongará a súa carreira deportiva
Esta mañá, o Salón Rexio da Sede acolleu a rolda de prensa de renovación de Iago Aspas. O capitán do primeiro equipo estivo acompañado pola presidenta, Marián Mouriño, e polo director deportivo do Celta, Marco Garcés.
Nun ambiente próximo e distendido, Marián abriu o acto.
“É un orgullo e unha satisfacción presentar hoxe esta renovación. Queriamos expor unha saída cómoda, onde Iago estivese tranquilo, así que grazas por facelo posible".
"Grazas por todo o que nos dás, non só no verde, senón tamén na protección e o coidado á canteira, na imaxe e no que representas para o club e para o celtismo. Estou moi contenta de presidir un ano máis con Iago e de que o teñamos aquí”.
Pola súa banda, Marco tamén quixo unirse a ese animo de celebración.
"Contar con el no campo un máis é marabilloso. Creo que ter a unha lenda xogando outro ano é unha alegría para todos”.
Para rematar, Iago tomou a palabra para agradecer o cariño recibido e compartir as súas sensacións tras a renovación, nunha comparecencia na que destacou que sempre pensou nos seus
“Pensei no benestar e o da súa familia, pero tamén no do club… Esta foi unha tempada preciosa, marabillosa, como dicía o míster de matrícula de honra, e queremos volver repetila”.
Desbotou xogar unha tempada máis "nin xogando a Champions", e amosouse moi feliz por poder despedirse xogando un derbi.
"Un partido fermoso para todos. Serán dous partidos moi, moi especiais".