Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unanimidade no banco vigués: "É o mellor momento da historia do Celta"

Unanimidade no banco vigués: "É o mellor momento da historia do Celta"

As xornadas de Xornalismo e Deporte reúnen a Giráldez, Aspas, Fredi e Meixús

Adestradores e capitáns analizaron o bo momento do club co foco na canteira

G24.gal 06/10/2026 20:46

Comezaba a conversa cunha pregunta do xornalista da Radio Galega Víctor López: "é este o mellor momento da historia do Celta?". E repasando a historia do club vigués, os catro protagonistas tiveron claro que a resposta era afirmativa.

Claudio Giráldez e Iago Aspas representando o primeiro equipo e Fredi Álvarez e Pablo Meixús, o filial celeste, sentaron a conversar esta tarde sobre o gran momento deportivo e social que vive o Celta. O primeiro equipo asentado en primeira e disputando Europa League por segundo ano consecutivo, e o Celta Fortuna no fútbol profesional por primeira vez, son boa mostra de que no deportivo son todo alegrías para esta xeración.

E ese momentum pasa tamén pola confianza que ambos adestradores están amosando pola canteira e polos máis novos. No ano de despedida de Iago Aspas dos terreos de xogo, en Vigo non faltan candidatos a ser a nova estrela do club. Para Iago, "o mellor é que o próximo 10 sexa un da canteira". Para Giráldez, "calquera que se compare con Iago vai saír perdendo". Aspas confirmou que si é o seu último ano xogando, pero que seguirá vencellado ao club en todo o que poida. 

Desde o Celta Fortuna, Fredi Álvarez e Pavlo Meixús tamén destacaron o importante que é para un filial estar xogando no fútbol profesional e o traballo imprescindible da canteira celeste nos triunfos globais do club. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade