Rueda recibe o Deportivo e celebra a volta do derbi galego
O presidente dixo que este ascenso é un orgullo e un "sentimento colectivo"
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou este martes o ascenso del Real Club Deportivo da Coruña á máxima categoría do fútbol español tras oito anos. Tras recibir a xogadores e directiva no Pazo de Raxoi, en Santiago, o xefe do Goberno galego dixo que este ascenso é un orgullo e un "sentimento colectivo" e celebrou a volta do derbi galego no 2027, o "ano de Galicia".
Nesta recepción que puxo fin aos recibimentos institucionais tras as victoria do domingo en Valladolid, o primeiro en tomar a palabra foi o capitán do equipo, o vilalbés Diego Villares. O xogador asegurou que para eles afirmou que o R. C. Deportivo forma parte do "patrimonio deportivo e emocional" de Galicia.
Tras el interveu Juan Carlos Escotet, presidente do club, destacou o papel da afección para conseguir este ascendo e apostou por un modelo de "sostible e competitivo" para a nova etapa que se lles abre. Alfonso Rueda recibiu a camiseta do equipo de mans de Escotet, que marchou de Raxoi cunhza cazadora co lema de Galicia Calidade.