O Celta necesita facer unha venda "por 15 ou 16 millóns” para cadrar as súas contas
Marián Mouriño: “De 32 co que empezamos a tempada, pasamos a 16. Creo que fixemos un excelente traballo"
A presidenta do Celta, Marian Mouriño, explicou este martes que o club necesitará realizar algunha venda “por 15 ou 16 millóns” antes do 30 xuño para equilibrar as contas ao peche do exercicio económico.
“É un tema do que estou bastante pendente, pechando case, mes a mes, os números. Non temos o peche ata o 30 de xuño, pero necesitamos facer unha venda de entre 15 millóns longos e 16 millóns para cadrar os números”, manifestou en conferencia de prensa.
No orzamento da tempada 2025- 26, aprobado na última xunta de accionistas, o club cifrou en 32 millóns de euros a suma que tería que conseguir por venda de xogadores para equilibrar as súas contas, unha cantidade que conseguiu reducir grazas ao seu "excelente" rendemento deportivo en LaLiga (finalizou en sexta posición) e, sobre todo, na liga Europa, onde alcanzou os cuartos de final.
“De 32 co que empezamos a tempada, pasamos a 16. Creo que fixemos un excelente traballo, sobre todo no terreo de xogo, pasando eliminatorias europeas”, apuntou.