O Cangas di adeus á Copa do Rei tras perder en Pamplona ante Anaitasuna (34-29)
Os do Morrazo caeron ante un equipo de inferior categoría nun partido no que sempre estiveron a remolque
No enfrontamento de ex adestradores Nacho Moyano gañou a partida a Quique Domínguez
@balonmancangas
O Balonmán Cangas dixo adeus á Copa do Rei de forma prematura tras perder en Pamplona ante Anaitasuna na segunda rolda da competición. A curiosidade de partido estaba nos bancos dos dous equipos. Quique Domínguez volvía á que foi a súa casa ata a pasada temporada namentras que Nacho Moyano enfrontábase por primeira vez o seu ex equipo. E o madrileño foi o que se levou o gato ó auga o gañar a partida desde o inicio do choque. Cunha defensa 5-1 moi agresiva o equipo navarro foi dominando con cómodas rendas no marcador durante toda a primeira metade para chegar o descanso con seis goles de vantaxe (18-12).
Os do Morrazo reaccionaron ao inicio da segunda metade. Juan Quintas errou un lanzamento de desde os seis metros que podía colocar a tres goles os azulóns. Nacho Moyano solicitou un tempo morto e o seu equipo reaccionaría para volver abrir fenda no marcador aproveitándose das múltiples perdas de balón dos de Cangas. O Anaitasuna chegou a gañar por 11 goles de diferencia. A eliminatoria estaba sentenciada e os cangueses aproveitarías os últimos minutos para maquillar o marcador e deixar a diferenza final en cinco goles, 34-29.
Agora o equipo adestrado por Quique Domínguez centrará os seus esforzos na competición ligueira onde o sábado enfrontarase ó Logroño en terras rioxanas.