Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas estrea o casilleiro de vitorias na pista do Torrelavega (28-31)

O Cangas estrea o casilleiro de vitorias na pista do Torrelavega (28-31)

O equipo galego foi por diante todo o partido, e administrou unha renda de ata sete goles

Foto: Balonmán Cangas
G24.gal 11/10/2026 11:32

O Frigoríficos do Morrazo conseguiu puntuar por fin na quinta xornada, logo dun mal inicio de temporada da Liga Asobal. E fíxoo cun gran triunfo nunha pista complicada, a dun Torrelavega que chegaba na parte alta con seis puntos.

O Cangas dominou o partido en todo momento. Un parcial de saída de 1-4 permitiulle facerse co control, e outro de 0-4 establecer unha renda que chegou a ser de 7 goles durante a primeira metade (9-16), que rematou cun +6 decisivo.

Na segunda metade, os de Quique Domínguez seguiron mandando, con esa renda de sete goles ata o minuto 10 (16-23), o que deixaba xa case imposible a tarefa de buscar a remonta local. Aínda así, o Torrelavega non baixou os brazos, e chegou a colocarse a catro tantos mediado o período, e obrigando ao tempo morto galego, que frustrou a reacción. O Cangas pechou o encontro co 28-31, comandado na anotación por Rivero, con 7 tantos, e Arnau Fernández, que anotou 5 sen erro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade