Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo quere aproveitar a onda positiva para meterse na fase final da Champions

O Liceo quere aproveitar a onda positiva para meterse na fase final da Champions

Xoga este xoves diante do Barcelos (20:30 horas, G2) nun partido en que pode garantir cunha vitoria a presenza entre os oitos mellores da Liga de Campións

G24.gal 26/03/2026 09:20

O Liceo quere aproveitar a onda positiva do triunfo o pasado domingo na final da Copa do Rei e meterse este xoves na Final a Oito da Champions de hóckey a patíns.

O partido poderá verse en directo pola G2 a partir das 20:30 horas desde o Pazo dos Deportes de Riazor. 

O rival será o Barcelos portugués, para o que o partido tamén é unha final. A situación no grupo é de máxima emoción con catro equipos pelexando nunha loita feroz por tres prazas para a cita decisiva.

Co Benfica xa clasificado, o resto de equipos están deste xeito: Liceo, 12 puntos, Spórting, 11 puntos, Oliveirense e Barcelos, 10 puntos. O equipo do galo é o que quedaría fóra da Final a Oito pero todos dependen deles para estar nesa cita.

Precisamente o Barcelos é o equipo que defende o título conseguido o ano pasado na Champions e co que o Liceo ten unha conta pendente, pois foi eliminado nos cuartos de final da edición pasada nunha agónica quenda de penaltis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade