Publicador de contidos

Publicador de contidos

A RFEF ratifica a quinta praza do Castela e denega a suspensión cautelar do 'playoff'

A RFEF ratifica a quinta praza do Castela e denega a suspensión cautelar do 'playoff'

O Xuíz Único falla a favor do filial madridista e o Pontevedra presentará un novo recurso

G24.gal 26/05/2026 11:56 Última actualización 26/05/2026 12:08

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) emitiu a esperada resolución sobre o caos normativo do triplo empate no Grupo 1 de Primeira Federación, determinando que a quinta praza e, por tanto, o dereito para disputar o playoff de ascenso a Segunda División, corresponde ao Real Madrid Castela.

A decisión do Xuíz Único non só aparta momentaneamente o conxunto lerezán da postemporada, senón que vén acompañada da denegación da suspensión cautelar solicitada polo club pontevedrés. a entidade granate confirmou de forma tallante que esgotará a vía deportiva e presentará un novo recurso dentro do prazo establecido.

A directiva mantén a súa convicción de que a interpretación regulamentaria que defenden axústase plenamente á normativa aplicable, fronte aos criterios utilizados pola Federación neste triplo empate con Castela e Barakaldo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade