Raquel Carrera debuta na WNBA na derrota das Liberty ante as Wings
A galega, última española en debutar na WNBA, tivo tempo de dar unha asistencia
A galega Raquel Carrera debutou este domingo na WNBA coas New York Liberty, na derrota das neoiorquinas por 76-91 ante as Dallas Wings de Paige Bueckers e Azzi Fudd. Carrera entrou á cancha a 1.21 do final, cando Chris DeMarco sentou ás titulares co partido decidido.
A galega tivo tempo de dar unha asistencia. Campioas da WNBA en 2024, as Liberty topáronse co empuxe das mozas Wings, lideradas polos 24 puntos cada unha de Bueckers e Fudd, as dous últimas número un do 'draft'.
Carrera é a última española en debutar na WNBA este ano, tras Marta Suárez coas Phoenix Mercury e María Conde coas Toronto Tempo, nunha campaña na que cinco xogadoras españolas aterraron na liga.