Cargando resultados...
Unha excepcional Raquel Carrera lidera o triunfo de España ante Chequia por 88-81
A ourensá logrou 31 puntos (19-19 en tiros libres)
A selección xogará a semifinal do Europeo e tamén clasifícase para o Mundial de 2026
Foto EFE
G24.gal
25/06/2025 18:30
Última actualización 25/06/2025 18:35
A selección española feminina de baloncesto, vixente subcampioa continental, medirase a Francia nas semifinais do Eurobasket tras impoñerse á República Checa por 88-81 nun duelo moi traballado no que se viu obrigada a remontar once puntos de desvantaxe na segunda parte.
No cadro español, que acabara como primeiro do seu grupo, brillou no plano individual Raquel Carrera, autora de 31 puntos, cun impecable 19 de 19 desde a liña de tiros libres. Ademais foi decisiva igualmente Aina Ayuso, con 12 puntos no último cuarto.
Este triunfo tamén clsifica ás xogadoras do vigués Miguel Méndez para o Mundial 2026