Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres galegas na primeira lista para o Mundial de baloncesto feminino

Tres galegas na primeira lista para o Mundial de baloncesto feminino

O vigués Miguel Méndez fixo unha selección de 21 coas que comezará a traballar o 4 de agosto

Entre as elixidas están Raquel Carrera, María Araújo e Paula Ginzo

G24.gal 24/07/2026 14:02

O vigués Miguel Méndez deu a primeira lista de convocadas para o vindeiro Mundial de baloncesto que se xogará en Alemaña no mes de setembro. Tres galegas están entre as 21 elixidas das que terá que dar varios descartes: Raquel Carrera, María Araújo e Paula Ginzo.

Raquel Carrera, xogando a WNBA co equipo de New York, é unha das que se incorporará tarde á concentración. María Araújo (Valencia Básket) e Paula Ginzo (Brno) estarán desde o 4 de agosto ás ordes de Méndez. Tamén estará Andrea Vilaró, do Durán Maquinaria Ensino de Lugo e a ex xogadora do equipo lugués Alicia Florez que volverá a Valencia unha vez remate o Campionato do Mundo. 

España volve a un Mundial despois de oito anos. Non estivo presente na última cita de 2022 despois dun brillante periplo entre o 2010 e o 2018 nos que sumou unha medalla de prata e dúas de bronce nunha época dourada para o baloncesto feminino español. España quedou encadrada no Grupo A con Alemaña, Malí e Xapón. Os Estados Unidos serán, una ano máis, o equipo de referencia despois de impoñerse nas catro últimas citas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade