Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección española feminina acada a clasificación para o Mundial de baloncesto

A selección española feminina acada a clasificación para o Mundial de baloncesto

As do galego Miguel Méndez, que contou con Raquel Carrera, María Araújo e Paula Ginzo, volven á cita oito anos despois

G24.gal 15/03/2026 13:13

A selección feminina acadou a clasificación para o Mundial de baloncesto que se vai celebrar en Alemaña. As de Miguel Méndez mallaron en Porto Rico, as anfitrioas, e selaron o pase pola vía rápida por cun resultado de 91-52.

Tres vitorias en tres partidos. España tirou de calidade e de rotación, xogaron todas as convocadas e seis xogadoras acadaron dez ou máis puntos.

Raquel Carrera achegou 11 puntos, María Araújo meteu 5 e Paula Ginzo anotou 4. España volve a unha copa do mundo oito anos despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade