España métese en cuartos do Mundial superando a Xapón (59-79)
As de Miguel Méndez dominaron o marcador nos catro cuartos
O xoves enfrontaranse a Australia, China ou Italia
Raquel Carrera nunha xogada do partido ante Xapón
España pasa a cuartos no Mundial de Berlín e faino como primeira de grupo logo de gañar a Xapón por 59-79 nun partido que dominaron desde o primeiro momento. As españolas foron sempre por diante no marcador.
Yyana Martín, con 20 puntos, e Awa Fam, con 16, foron as máis anotadoras dunha selección española na que destacou tamén a galega Raquel Carrera, que foi decisiva para desatascar o encontro nos primeiros minutos e liderar a escapada española.
O conxunto que dirixe o vigués Miguel Méndez soubo sobrepoñerse da derrota ante Malí e está xa en cuartos. O xovés terán o seguinte partido ante Australia ou a selección gañadora do China-Italia.