Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ourensá Raquel Carrera entra na lista final do Eurobasket

A ourensá Raquel Carrera entra na lista final do Eurobasket

Haberá tres galegas coa selección: as ourensás Raquel Carrera e Paula Ginzo e a viguesa María Araújo  

G24.gal 16/06/2025 14:56 Última actualización 16/06/2025 15:05

A grande incógnita está resolta: Raquel Carrera estará no Eurobasket. A interior do Valencia Basket era dúbida desde que sufriu unha escordadura de nocello de grao 3 o 11 de maio durante a disputa da final da liga Feminina Endesa.

A pesar diso, a galega participou na concentración da selección española co obxectivo de chegar á cita continental. Aínda que non puido participar nos catro partidos preparatorios, pasou o corte e os descartes de Miguel Méndez foron Txell Alarcón e Ángela Mataix.

Nunhas declaracións que ofrecía á FEB, a ourensá destacaba a súa "ilusión" por estar coa selección, que é a súa "prioridade". Un equipo renovado cun novo núcleo novo que "transmite esa ilusión de comer o mundo".

Carrera evita deste xeito volver perderse unha gran cita coa selección, algo que xa lle ocorreu o verán pasado nos Xogos Olímpicos de París, aos que non puido asistir pola súa grave lesión de xeonllo.

Haberá tres galegas coa selección que dirixe o vigués Miguel Méndez: as ourensás Raquel Carrera e Paula Ginzo e a viguesa María Araujo  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade