Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo supera ao Calafell e gaña a Copa do Rei (4-1)

O Liceo supera ao Calafell e gaña a Copa do Rei (4-1)

Saavedra foi clave, con tres goles en 72 segundos

O Liceo tirou de oficio na primeira parte e resolveu na segunda

Undécima Copa do Rei para o conxunto galego

G24.gal 22/03/2026 11:34 Última actualización 22/03/2026 14:07

O Calafell arrancou mellor. Con máis determinación, con máis enerxía. E o do Liceo foi algo como ir máis amodo, como se tiveran a necesidade de lembrarnos que xogaron onte e o seu partido acabou as 20 hs e tamén o fixeron antonte ata as 23 hs. Cuartos e semifinal.

As primeiras ocasións foron dos cataláns, cos galegos máis centrados en frealos e ir deixando pasar o choque. O Calafell mesmo petou cun poste. Pero o Liceo aguantou con oficio e, a falta de catro minutos para o descanso, unha falta directa permitiulles adiantarse no marcador. Gol de Arnau Xaus.    

Á volta do descanso, o Calafell saiu decidido a pola porta galega e o Liceo volveu tirar de oficio. Coa prioridade de aguantar. O adestrador galego pedía tempo morto e solicitáballe aos seus os cambio de actitude: "Quedan 17 minutos, que queremos facer? Estamos agardando a ver que fai o Calafell". A Juan Copa non lle gustaba o que estaba a ver. Quería unha versión máis protagonista do seu Liceo.

E o equipo galego semellou meterlle unha marcha máis a súa ambición. E Dava Torres dispoñía dunha boa ocaión ao contragolpe. Pero o Calafell non se deixou intimidar pola mutación do Liceo e seguiu ao seu. Folguera estrelaba unha falta directa no longueiro. E a final entraba así nos seus dez minutos finais. Dez minutos emocionantes, nos que o Liceo esnaquizou o partido. Ou mellor dito, Saavedra. O santiagués logrou tres goles en apenas un minuto e de 12 segundos. Unha fermosa acción individual, un contragolpe e unha falta directa. Espectacular Saavedra

E final despachada. 4-0. O que quedou foi a coraxe do Calafell que o máis que lle deu foi para un gol postreiro de Biel e un penalti que fallou Marimón.

Triunfo de oficio e de intelixencia. Cun Saavedra determinante. O Liceo campión da Copa do Rei por undécima vez na súa historia. Parabéns!

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade