Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta di que as bases do primeiro equipo están "máis fortes ca nunca"

O Celta di que as bases do primeiro equipo están "máis fortes ca nunca"

Os de Claudio Giráldez céntranse xa na Liga e na próxima cita ante o Barcelona

G24.gal 17/04/2026 14:04 Última actualización 17/04/2026 14:11

Tras consumarse eliminación europea ante o Friburgo nos cuartos de final da liga Europa, o Celta destaca que as bases do primeiro equipo están “máis fortes ca nunca” cun equipo “novo, con talento e con raíces que seguirán crecendo na Madroa”.

Por iso, os dirixentes celestes seguen mirando cara adiante “orgullosos” do construído e “convencidos” de que estes piares “sosterán” todo o que está por vir.

“Porque as noites europeas volverán. E cando o fagan, volveremos vivilas xuntos. Esta edición da liga Europa permitiunos reencontrarnos con esas noites que fan do fútbol algo especial”, subliña a entidade que preside Marian Mouriño.

Tras lamentar o fin da travesía europea, o Celta lembra que os soños “se constrúen traballando, crendo e sentíndoos con tanta forza que ninguén poida arrebatárnolos”. Ademais, eloxia a comuñón que se creou entre equipo e afección.

“En cada cidade, en cada estadio, sempre houbo unha bandeira, unha bufanda, un corazón celeste ou miles…, lembrándonos que detrás deste equipo hai unha gran familia”.

“Acompañástesnos por toda Europa e fixestes sentir a todo o persoal o orgullo e a responsabilidade de representar o celtismo”, lembra a entidade galega aos seus afeccionados.

Agora o Celta céntrase na Liga e na próxima cita ante o Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos