Antonio Hidalgo: "O sentido común debe imperar e na última xogada non imperou"
O adestrador deportivista valorou o esforzo do seu equipo e otorgoulle moita importancia a vitoria
O técnico pediu colaboración entre todos para rebaixar a tensión que se está vivindo nas últimas xornadas
Louvou a figura do golerador canteirán Noé Carrillo
O adestrador do Deportivo da Coruña Antonio Hidalgo compareu en rolda de prensa ao remate do partido contento poal vitoria pero xunha mensaxe de preocupación polo vicido no treiro final do partido:
"Todo é consecuencia da tensión, hai que poñer sentido común e baixar as pulsacións entre todos. Son as últimas cinco xornadas, agora quedan catro. Os nosos primeiros minutos foron bos, non acabamos de terminar esas situacións claras. A partir de aí desaxustámonos, non estabamos cómodos. Na segunda parte estivemos mellor, con máis presenza, os cambios déronnos enerxía. Unha vitoria importantísima para seguir na pelexa. Son os últimos partidos, sumar de tres en casa é vital para seguir pelexando por todo, pero todo o mundo suma. Hai que descansar e pensar no seguinte"
"O sentido común debe imperar e na última situación non imperou. É unha man natural de Zaka, é imposible que a teña noutro lado. Conseguimos parar o penalti con Álvaro. Creo que fixo unha boa arbitraxe, entre todos témoslles que axudar"
"Cando se dan situacións para unir máis á xente é sempre importante, hoxe desfrutamos moitísimo en momentos de partido algo mellor e outros algo peor. Cargamos a área na segunda parte, valentes cando encaixamos o empate. A partir do 2-1 todo alóngase e ensúciase"
"Hai moita tensión, o importante é que estean limpos de cartóns e sancións. Hai habido tantos cartóns que me perdín, creo que non. Hai moita tensión. Contento pola vitoria séguenos dando posibilidades de pelexar por todo. O ambiente foi incrible, na primeira estivemos desaxustados, hai que estar metido ata o final aí habemos seguidos nós"