Altimira e o ascenso: "É imposible non imaxinalo, pero hai que manter a calma e ir a morte ante o Lega"
Altimira e o ascenso: "É imposible non imaxinalo, pero hai que manter a calma e ir a morte ante o Lega"
O defensa evitou a polémica do penalti de Burgos: "Temos que centrarnos no que podemos controlar"
Adrià Altimira reencontrarase esta fin de semana co Leganés, club no que viviu "un ano moi bonito" en Primeira División a pesar de terminar en descenso.
O lateral converteuse nunha das pezas fundamentais do equipo desde a súa aterraxe na Coruña. A pesar de a polémica polo penalti sinalado a Quagliata, céntrase no futuro:
"Son cousas en que non hai que centrarse. Temos que centrarnos no que podemos controlar".
"Ao final nós simplemente non pedimos nin cousas boas nin malas, que sexa igualdade para todo o mundo. Se se deu así, e rectificou, xenial. É cousa pasada. Centrarnos no próximo e cabeza arriba", reflexionou Adrià Altimira sobre a polémica.
Sobre a xogada, Altimira explicou como a viviron.
"Temos que centrarnos no que podemos controlar. A seguir pensando no venres, que é o máis importante". Cre que será clave a figura da afección. Tres dos cinco partidos que quedan serán en Riazor:
"É un plus para nós. A calquera equipo crearalle moitas dúbidas. Vai ser como un xogador máis. Hai que aproveitar isto".
Sobre se soñan co ascenso, foi claro.
"É imposible non imaxinalo pero hai que manter a calma. Mirar ao futuro non serve de moito. Hai que ir a morte ante o Leganés"
Altimira non quere facer contas nesa carreira polo ascenso.